Cris ten sido unha das impulsoras da creación de T·I·A·S. É bióloga de formación e educadora por vocación. Forma parte do grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab, onde se ocupa da parte de transferencia do coñecemento, encargándose principalmente dos proxectos de ciencia cidadá, participación pública e divulgación científica.
Tras graduarse coma bióloga pola Universidade de Vigo e especializarse en sustentabilidade e neuroeducación, as súas inquedanzas persoais levárona a enfocarse en levar a ciencia ás persoas, traballando en diferentes proxectos educativos de medio ambiente e igualdade, de divulgación ambiental, impartindo formacións e, finalmente, integrándose no eido das ciencias sociais. T·I·A·S reúne todo isto e por isto aposta polo proxecto e, especialmente, polas persoas que están detrás e o fan posible.
Dende ben nova a música é outra das súas grandes paixóns —Cris canta nun coro— e disfruta enormemente pasando tempo coa súa xente ao aire libre ou cos xogos de mesa. Encántalle a natureza, disfrutar de longos paseos e nadar nas praias de Galicia.