Os artigos que forman parte de cada número da revista están baseados en textos científicos xa publicados que poden ter diferentes formatos e estar recollidos en distintas fontes.

¿Como se crean os artigos?

1- A persoa autora dun texto científico orixinal (artigo, capítulo de libro, tese doutoral, comunicación científica…) envía a súa proposta, que conterá información sobre o texto que quere comunicar e un resumo do mesmo adaptado a unha linguaxe que resulte comprensible para persoas alleas á ciencia.

2- O equipo T·I·A·S e o Comité Editorial valoran a proposta recibida e comunican o resultado da avaliación á persoa investigadora que a enviou.

3- Os resumos que resulten aceptados son utilizados polo equipo de redacción da revista para crear os relatos que darán lugar aos artigos da Revista T·I·A·S.

4- Antes da súa publicación, os relatos son validados pola persoa autora do resumo, polo Comité Editorial, e polo Comité Asesor Cidadá. 

¿Que teño que facer para contribuír á Revista T·I·A·S?

Se desexas propoñer un dos teus traballos para que sexa adaptado e publicado nun dos próximos números da revista, podes facelo seguindo as instrucións que atoparás a continuación: 

1- Le detidamente a GUÍA PARA PERSOAS AUTORAS

2- Elabora un resumo de 800-1000 palabras nun arquivo Word ou equivalente. 

3- Envía o teu arquivo a través do formulario de envío de propostas, ao que poderás acceder picando no botón que atoparás máis abaixo.  Ademais do resumo, deberás proporcionar a seguinte información:

  • Nome e apelidos
  • Entidade
  • Correo electrónico de contacto
  • Idea principal e ideas secundarias do traballo ou traballos científicos que se quere comunicar
  • Palabras chave
  • Información do traballo ou traballos científicos nos que estea baseado o resumo
  • Autoría do resumo
  • Recursos recomendados (opcional)