Lía acaba de rematar segundo de bacharelato e o que máis a define é a súa afinidade pola cultura. En 2025 rematou o conservatorio profesional de violín e na actualidade forma parte dunha orquestra de xente nova. Encántalle a música, tocala e escoitala, non podería vivir sen ela. É moi afeccionada á música fiddle á hora de tocar, e de calquera tipo de música para escoitar no seu tempo libre. Tamén vai a clases de teatro e, sempre que pode, a ver obras teatrais.
O vindeiro curso iniciará na universidade a carreira de Filosofía, outra das súas paixóns, ás que se engaden ler, ver series, e o verán e todo o que esta estación conleva. É unha gran defensora da cultura, porque a considera importantísima.