Aitor naceu en O Porriño en 1997. Estudou Ciencia Política e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela e un Mestrado en Xestión do Desenvolvemento Sostible na Universidade de Vigo. Actualmente é membro do grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo e está a realizar o seu doutoramento, investigando a conexión dos procesos de participación pública coas relacións de poder e como estas interactúan coa transición sostible. Compaxina a creación da súa tese doutoral coa participación en diferentes proxectos de investigación, innovación e divulgación, coma CoBlue, ExPliCit ou T·I·A·S.

Antes de iniciar a súa carreira universitaria, Aitor realizou unha estadía en Estonia co Sistema de Voluntariado Europeo no ano 2019 e traballou coma teleoperador de atención ao cliente. Ademais, no ano 2021 publicou unha novela titulada “El reflejo del ayer”, e na actualidade está traballando na súa segunda novela en un poemario en prosa.

Ten aficións variadas, dende o deporte ata o cine, e é un fan acérrimo de One Pice. Amante da literatura e a filosofía, está moi influenciado polo pensamento estoico e existencialista, entre outros. Aitor está auténticamente convencido da bondade das persoas, e considera que un cambio sen atender ao sufrimento particular é un cambio incompleto.