Despois de estudar Administración e Dirección de Empresas na Universidade de Salamanca e de emigrar a Francia seguindo á súa parella francesa, Alejandro mudouse a Pontevedra en 2021 para realizar un doutoramento sobre novas formas de cooperativismo no Post-Growth Innovation Lab da Universidade de Vigo.  O seu doutoramento foi parte do proxecto PROSPERA, financiado polo Consello Europeo de Investigación (ERC).  Durante estes anos puido estudar as plataformas cooperativas e a recuperación de empresas en forma cooperativa polas persoas traballadoras en Francia. Desde entón, interésase de xeito amplo polo traballo e ás formas alternativas de organización que buscan democratizar o traballo, a súa gobernanza e a súa toma de decisións.

A pesar de seren temas de estudo complexos, gústalle tomar o tempo de observar no día a día do seu funcionamento, as súas tensións, as súas contradicións, para á vez aprender delas pero tamén para visibilizar os retos comúns aos que se enfrontan as devanditas organizacións. No seu tempo libre, encántalle ler, camiñar, facer kickboxing e pasar as tardes coas amizades a falar preto da ría de Pontevedra.