Andreu estudou bioloxía, coa especialidade de Bioloxía Mariña, na Universidade de Alicante. Doutorouse en Ecoloxía Mariña pola Universitat de les Illes Balears e dende setembro de 2023 é investigador posdoutoral no grupo Future Oceans Lab-CIM da Universidade de Vigo. A súa investigación céntrase en comprender como as perturbacións ambientais e antropoxénicas afectan á conservación do medio mariño.
Conta cunha ampla experiencia no estudo de redes tróficas, Áreas Mariñas Protexidas (AMP), especies invasoras e acción directas de conservación coma o monitoreo e a ropoboación de especies, e actualmente lidera o proxecto Fun&Co (Combining Functioning Connectivity and Conservation Management). Esta iniciativa busca, non so profundar no coñecemento das interacción tróficas, senon tamén integrar padróns de conectividade estrutural e funcional nos marcos de xestión da conservación mariña.
O traballo de Andreu está aliñado cos obxectivos da Axenda 2030 da ONU (ODS 14 e a Década dos Océanos) e as misión da Unión Europea para a restauración de ecosistemas acuáticos. A través da creación dunha nova liña de investigación en Xestión Integrativa da Conservación Mariña dentro do Future Oceans Lab, lidera de maneira pioneira a integración destes coñecementos científicos en marcos estratéxicos, contribuíndo así directamente aos desafíos de sustentabilidade de Galicia e do contexto internacional.
Silvia forma parte, dende maio de 2024, do equipo do Future Oceans Lab da Universidade de Vigo, onde aporta a súa experiencia coma asistente de investigación a diversos proxectos europeos. Antes de chegar á UVigo, licenciouse en Ciencias do Mar pola Universidade de Barcelona —cunha estadía Erasmus+ na Universidade das Azores— e obtivo o Mestrado en Xestión Integrada de Áreas Litorais na Universidade de Cádiz. Durante a súa etapa de mestrado desenvolveu un modelo de análise conceptual para avaliar as complexas interaccións entre a sociedade e o medio ambiente nas Áreas Mariñas Protexidas (AMP).
O que realmente move a Silvia no seu traballo é a convicción profunda no ecocentrismo e no valor intrínseco da natureza, entendendo que as persoas somos parte do ecosistema e non un elemento separado del. Por iso, actualmente enfoca a súa carreira cara a exploración de procesos participativos e a involucración dos actores locais na creación de políticas ambientais, co obxectivo de contribuír a unha toma de decisións máis inclusiva e eficaz no establecemento de áreas protexidas e a mellora da súa conectividade ecolóxica.
Esa conexión co océano vai moito máis alá dos despachos e a investigación: Silvia atópase sempre ligada ao mar, xa sexa collendo ondas facendo surf ou coas lentes postas, perdendo a noción do tempo mentres practica apnea e descobre a vida que se agocha baixo a superficie.