Jaime é profesor titular de botánica na Universidade da Coruña (UDC). Formouse como biólogo na Universidade de Santiago de Compostela, onde desenvolveu a súa tese doutoral sobre a sistemática dos breixos europeos baixo a dirección de Jesús Izco. A súa carreira investigadora e docente levoulle ás universidades de Castela-A Mancha, León, IE, e finalmente á UDC dende 2011, onde imparte a súa docencia como profesor no grao en Bioloxía. Taméncoordina o Máster Interuniversitario en Biodiversidade Terrestre na UDC. 

Alén do traballo cos breixos, especializouse noutras liñas como o estudo e a xestión de especies exóticas invasoras, a avaliación e caracterización de hábitats naturais, a restauración ecolóxica en diferentes sistemas, e o estudodas relacións entre o ser humano e a biodiversidade.