Jose é licenciado en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e Catedrático de Economía en educación secundaria, cunha destacada traxectoria que combina a súa experiencia previa no sector privado cunha extensa vocación docente.
Os seus inicios profesionais desenvolvéronse na empresa privada, onde exerceu coma adxunto de dirección dunha PYME e, posteriormente, asumiu as funcións de controller. O seu compromiso co tecido empresarial local levouno a seren o presidente fundador da Asociación de Empresarios Centrotiendas de Vilagarcía de Arousa.
No ano 1996 deu o salto ao ámbito educativo coma mestre de secundaria na especialidade de Administración de Empresas. Durante esta etapa, impartiu materias vencelladas á informática, a administración e o comercio internacional en diversos centros de educación secundaria. A partir de 2003 pasou a centrar o seu labor docente na especialidade de Economía e no ano 2022 consolidou a súa carreira académica obtendo a cátedra nesta especialidade en secundaria.
Ao longo da súa traxectoria educativa ten asumido importantes cargos de responsabilidade e xestión. Foi responsable dos departamentos de Administración de Empresas e Economía, ademais de Xefe de Estudos e Director en dous centros educativos diferentes. No ámbito institucional e divulgativo, é membro do grupo de traballo da CIUG na materia de Empresa e Deseño dos Modelos de Negocio, e tamén é o redactor e impulsor de D’economiaBlog, un portal de divulgación económica especializado nas materias de secundaria.