Marien é profesora asociada (docent) e investigadora no ámbito da ecoloxía política na Universidade Sueca de Ciencias Agrarias (SLU). O seu traballo inscríbese no campo das ecoloxías políticas emocionais, desde o cal explora como as emocións configuran as formas en que persoas e comunidades perciben, experimentan e participan de xeito desigual nos conflitos socioambientais. Interésalle analizar como experiencias como a indignación, o medo, a esperanza ou o apego ao territorio non só acompañan estes procesos, senón que os moldean activamente, influíndo tanto na acción colectiva como nas relacións co medio. Neste sentido, entende as emocións como unha dimensión central, aínda que a miúdo subestimada, para comprender por que emerxen determinados conflitos, como se desenvolven e que posibilidades existen para a súa transformación.
Actualmente lidera o proxecto Learning from Forest Fires, financiado por FORMAS, que se desenvolve en Chile, España e Suecia. Neste marco, investiga como distintos actores sociais aprenden, lembran e responden aos incendios forestais en contextos de crecente incerteza climática, prestando especial atención ás experiencias vividas e ás formas situadas de produción de coñecemento en territorios afectados. Adoita desenvolver a súa investigación cun enfoque en metodoloxías cualitativas, colaborativas e situadas. Busca xerar coñecemento que non só interprete a realidade, senón que tamén dialogue con quen a habita e a transforma.
A Marien tamén lle interesa tender pontes entre a academia e públicos máis amplos. É coeditora do blog Undisciplined Environments e formo parte do comité de redacción da revista Ecología Política. A través destes espazos, intenta contribuír a facer a ecoloxía política máis accesible, promovendo debates críticos sobre as relacións entre sociedade e natureza no contexto dos desafíos socioambientais contemporáneos.
.