Mario é o director (e o pai) do Post-Growth Innovation Lab, o grupo de investigación creador de T·I·A·S. É Doutor en Xestión pola Univesidade de Exeter, onde a súa investigación explorou a innovación, a sustentabilidade e o cambio sociotécnico en contextos non occidentais, realizando traballo de campo en Ecuador, Bangladesh e India.  

Antes de chegar a Pontevedra, foi investigador posdoutoral no programa Marie Skłodowska-Curie, profesor na Universidade de Bristol entre 2017 e 2020, e profesor Serra Hunter na Universidade Autónoma de Barcelona entre 2020 e 2021. No ano 2021 trasladouse á Universidade de Vigo para crear o Post-Growth Innovation Lab no marco do programa PROSPERA, financiado por unha das máis prestixiosas convocatorias para persoal investigador a nivel internacional: a Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC). Tamén ten sido o coordinador do proxecto JUST2CE, financiado pola Unión Europea. Ambos proxectos, así coma outros dos que dirixe ou nos que participa, céntranse na innovación, as transicións post-crecemento e a política de sustentabilidade.