O venres 26 de xuño presentaremos o número especial da Revista T·I·AS. Este número publicarase en tres formatos: 
Revista ilustrada online e en papel

Consta dunha selección de 7 dos relatos publicados nos números previos, así coma doutros contidos adicionais, que van acompañados de ilustracións realizadas por nove magníficas ilustradoras. As persoas asistentes recibirán un exemplar en papel da revista.

Revista en braille

Coa fin de contribuír ao achegamento á ciencia de todas as persoas o número especial publicarase tamén en braille, e os exemplares serán distribuídos de forma gratuíta en asociacións de persoas con diversidade funcional visual.

Audio-revista

Os sete relatos seleccionados para o número especial teñen sido adaptados para formar parte dunha versión da revista en formato sonoro, que estrearemos durante o evento e estará dispoñible a través das principais plataformas de audio. 

O aforo é limitado para a asistencia presencial, polo que será imprescindible inscrición previa, que pode solicitarse ata o 19 de xuño.

O evento tamén poderá ser seguido en streaming a través de YouTube. O enlace da retransmisión estará dispoñible próximamente.

Programa

17:15Recepción e benvida a participantes

17:30Que é T·I·A·S?

17:45Estrea dun episodio da audio-revista T·I·A·S

18:00Microteatro “Bombeiras”: obra teatral creada polo Teatro Ameba, do IES de Mos, baseada nun relato da revista T·I·A·S

18:15Entrega de agasallos ás persoas colaboradoras

18:30Música en vivo: a banda Vexx, de Estudo Bonobo, interpretará en directo o tema musical creado para T·I·A·S e outros temas propios

19:00Petiscos

O número especial da Revista T·I·A·S e o evento de presentación da mesma contan co co-financiamento do Consello Social da Universidade de Vigo: