Os artigos que forman parte de cada número da revista están baseados en textos científicos xa publicados que poden ter diferentes formatos e estar recollidos en distintas fontes.
¿Como se crean os artigos?
1- A persoa autora dun texto científico orixinal (artigo, capítulo de libro, tese doutoral, comunicación científica…) envía a súa proposta, que conterá información sobre o texto que quere comunicar e un resumo do mesmo adaptado a unha linguaxe que resulte comprensible para persoas alleas á ciencia.
2- O equipo T·I·A·S e o Comité Editorial valoran a proposta recibida e comunican o resultado da avaliación á persoa investigadora que a enviou.
3- Os resumos que resulten aceptados son utilizados polo equipo de redacción da revista para crear os relatos que darán lugar aos artigos da Revista T·I·A·S.
4- Antes da súa publicación, os relatos son validados pola persoa autora do resumo, polo Comité Editorial, e polo Comité Asesor Cidadá.
¿Que teño que facer para contribuír á Revista T·I·A·S?
Se desexas propoñer un dos teus traballos para que sexa adaptado e publicado nun dos próximos números da revista, podes facelo seguindo as instrucións que atoparás a continuación:
1- Le detidamente a GUÍA PARA PERSOAS AUTORAS
2- Elabora un resumo de 800-1000 palabras nun arquivo Word ou equivalente.
3- Envía o teu arquivo a través do formulario de envío de propostas, ao que poderás acceder picando no botón que atoparás máis abaixo. Ademais do resumo, deberás proporcionar a seguinte información:
- Nome e apelidos
- Entidade
- Correo electrónico de contacto
- Idea principal e ideas secundarias do traballo ou traballos científicos que se quere comunicar
- Palabras chave
- Información do traballo ou traballos científicos nos que estea baseado o resumo
- Autoría do resumo
- Recursos recomendados (opcional)