Laura é enxeñeira de montes e doutora pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente traballa como investigadora asociada na Universidade da Coruña, en proxectos relacionados coa conservación de hábitats e a ecoloxía e manexo dos cabalos salvaxes de Galicia e a súa relación con hábitats protexidos a nivel europeo coma as breixeiras. 

Realizou a súa tese doutoral sobre a ecoloxía do lobo, os cabalos salvaxes e o gando vacún en Galicia, centrándose na súa interacción depredador-presa. O seu interese polo estudo e conservación do lobo comezou hai máis de vinte anos durante unha estadía no proxecto de reintrodución do lobo mexicano en Arizona e Novo México (EEUU). Mentres realizaba a tese, os cabalos salvaxes de Galicia captaron a súa atención e, dende entón, estudou diversos aspectos da súa ecoloxía, dende a depredación ata a súa estrutura social e ecoloxía espacial, así como o seu sistema tradicional de manexo. É membro do grupo de especialistas de équidos da IUCN (Unión Internacional para aConservación da Natureza).