ACENDENDO OS COIDADOS

Volume 2, Artigo 7

Un texto de Víctor J. Sánchez Juárez, baseado no resumo realizado por Stefania Barca

Inspirado no informe de Stefania Barca (Universidade de Santiago de Compostela, CISPAC), Rocío Hiraldo (University of Oslo), Dunja Krause (antiga especialista do UNRISD), Eleonora Gea Piccardi (Centro de Estudos Sociais, Universidade de Coimbra) e Dimitris Stevis (University of Colorado State, Center for Environmental Justice) Just Transition and Care Work: An International Inquiry, publicado por UNIRISD – United Nations Research Institute for Social Development (2025)

—Outro día loitando contra muíños de vento —dixo Concha, esborrallándose na poltrona—.  Hoxe na Rede de Transición Xusta tivemos un debate sobre que entendemos cada unha por «Transición Xusta». Ata aí todo ben, pero cando volvín falar co sindicato frustreime. Oe, parece que para algúns só é xusta se viste casco.

Marisa deixou as notas que estaba a revisar ao carón. Sabía que cando Concha usaba ese ton, había faísca. Concha levaba uns meses facendo virar cada conversación en casa sobre a Transición Xusta. A idea de que cando implementamos un cambio ecolóxico, debemos asegurar que non deixamos a ningunha poboación vulnerable atrás. Aínda que Concha levaba anos traballando neste concepto, desde o punto de vista das industrias pesadas do metal, nos últimos meses estaba a traballar na Rede de Transición Xusta e Coidados. Unha rede que expande o significado da Transición Xusta para incluír traballos de coidados, e non ter unicamente en conta o que se refire ao sector industrial. Non era a primeira vez que tentaba achegar nocións da Rede na federación do metal do seu sindicato e acababa tendo desacordos co resto de sindicalistas.

—Imos ver, explícame. ¿Non eras ti quen dicías que quen leva casco son sempre parte da ecuación da Transición Xusta?

—Claro que o son —concedeu Concha—. Se eu son a primeira que entende que os empregos das fábricas son importantes e son dignos, pero é o de sempre, que non somos as únicas persoas afectadas pola Transición Xusta. Esa idea naceu precisamente dos sindicatos e a Organización Internacional do Traballo para iso: para que non deixemos atrás aos traballadores dos sectores contaminantes. Que se pechas unha mina ou unha térmica, ofrezas empregos dignos en enerxías renovables ou noutros sitios. É un avance, unha innovación social, desde logo. Non o nego.

—Sen dúbida —asentiu Marisa—. Cando se fai ben, tamén pode axudar a democratizar as políticas ambientais. Pode incluír á xente na conversación e ter en conta puntos de vista que vaian máis aló do técnico. Eu que sei, xa sabes que nas clases que dou na Universidade vemos o custo ambiental dun produto, pero a miúdo esquecémonos do custo social. A Transición Xusta tenta corrixir iso.

—Si, pero o problema é que se está quedando curta —farfallou Concha, acesa—. É coma se só vísemos o motor dun coche, pero nos esquecésemos de que necesita rodas, aceite… e condutor. A Transición Xusta centrouse tanto na industria pesada – renovables, construción, minería —que deixou fora sectores esenciais.

Marisa arquexou unha cella.

—¿Como cales?

—Como todo o mundo dos coidados —dixo Concha, golpeando suavemente o brazo da poltrona para darlle máis énfase—. A produción de alimentos a pequena escala, a sanidade, a educación rural, os coidados a maiores… Sectores historicamente feminizados, considerados «improdutivos». E, con todo, son dos que menos CO2 emiten e máis responden a necesidades reais. Como ti dis, a riqueza non é só o PIB, Marisa. É benestar.

—Aí levas toda a razón —recoñeceu Marisa—. As contas nacionais non saben moi ben que facer co traballo de coidados. Trátano como un custo, non como un xerador de valor. É unha limitación inmensa do sistema.

—¡Exacto! —exclamou Concha—. E esa é a primeira gran limitación. A segunda é que a Transición Xusta se guía pola «compensación», non pola «transformación». Trátase de recolocar a un mineiro, o cal está moi ben, pero non de cambiar o sistema que infravalora á coidadora, á agricultora ou á bombeira forestal.

—¿Bombeira forestal? —preguntou Marisa, sorprendida polo xiro.

—Si —dixo Concha, sacando o móbil—. Hoxe mandáronnos un informe da rede. Fala de Natalia, unha bombeira forestal cuxo sindicato denuncia a precariedade, os contratos temporais… ¡É arrepiante! En Ourense, por exemplo, ás unidades aéreas despídenas despois de cada campaña de verán. Os axentes forestais necesitan traballar no monte todo o ano para previr incendios, pero só lles pagan para apagalos. É a lóxica do curto prazo: ver o lume como unha emerxencia puntual e non como un problema estrutural que necesita coidado constante.

Marisa quedou en silencio, procesando.

– Ten sentido. Un incendio non é só unha traxedia ecolóxica e humana; é un emisor masivo de CO2. A prevención, por tanto, é unha dobre vitoria: evita danos e crea emprego que, ademais, reduce emisións netas.

—¡Iso é! Chámano «empregos climáticos» —dixo Concha, sorrindo ao ver que Marisa conectaba os fíos—. A Rede de Transición Xusta pide investimento en prevención anual: crear corpos de extinción locais, permanentes e ben financiados. Que non sexan estacionais. Que coiden o monte todo o ano. Así evítanse incendios e xérase emprego digno e de alto valor social nas zonas rurais, fixando poboación.

—É brillante —musitou Marisa, mirando pola xanela cara ao monte—. Converte o coidado no corazón da transición ecolóxica. Non se trata só de cambiar de fonte de enerxía, senón de redirixir o investimento público cara ao que realmente sostén a vida: os coidados das persoas e do planeta.

Concha achegouse e sentou ao seu lado no sofá.

—Por iso ás veces choco na Rede e no sindicato. Na Rede choco porque veño da loita sindical do metal, onde o importante eran os salarios e as condicións na fábrica. Pero as compañeiras da Rede ensináronme que a xustiza é máis ampla. Inclúe a quen coida ao teu avó, a quen planta a túa comida e a quen protexe o monte para que non arda. Esa é a transición que de verdade importa. A que pon a vida no centro. Logo, no sindicato choco porque explicarlles a persoas que levan anos loitando baixo a bandeira da Transición Xusta que a súa forma de ver as cousas é limitada, parece que lles doe. ¡Se o entendo! A min custoume moito entender por que a Rede falaba tanto dos traballos de coidados. O único que quero é facer entender ao resto do sindicato que isto non vai de protagonismos. Que podemos facer campañas pola Transición Xusta que inclúan varios grupos sociais. Ao final, o que queremos non é gañar un acordo nun sitio e un convenio noutro, queremos transformar a economía. Queremos un mundo do traballo mellor.

Marisa tomou a man de Concha.

—É a engrenaxe que lle faltaba á economía. O motor dos coidados. E parece que acabas de acendelo.

—Ou o acendemos xuntas —corrixiu Concha, cun sorriso que iluminou o seu rostro canso—. Só é o principio.

Outro día loitando contra muíños de vento —dixo Concha, esborrallándose na poltrona—.  Hoxe na Rede de Transición Xusta tivemos un debate sobre que entendemos cada unha por «Transición Xusta». Ata aí todo ben, pero cando volvín falar co sindicato frustreime. Oe, parece que para algúns só é xusta se viste casco.

Marisa deixou as notas que estaba a revisar ao carón. Sabía que cando Concha usaba ese ton, había faísca. Concha levaba uns meses facendo virar cada conversación en casa sobre a Transición Xusta. A idea de que cando implementamos un cambio ecolóxico, debemos asegurar que non deixamos a ningunha poboación vulnerable atrás. Aínda que Concha levaba anos traballando neste concepto, desde o punto de vista das industrias pesadas do metal, nos últimos meses estaba a traballar na Rede de Transición Xusta e Coidados. Unha rede que expande o significado da Transición Xusta para incluír traballos de coidados, e non ter unicamente en conta o que se refire ao sector industrial. Non era a primeira vez que tentaba achegar nocións da Rede na federación do metal do seu sindicato e acababa tendo desacordos co resto de sindicalistas.

—Imos ver, explícame. ¿Non eras ti quen dicías que quen leva casco son sempre parte da ecuación da Transición Xusta?

—Claro que o son —concedeu Concha—. Se eu son a primeira que entende que os empregos das fábricas son importantes e son dignos, pero é o de sempre, que non somos as únicas persoas afectadas pola Transición Xusta. Esa idea naceu precisamente dos sindicatos e a Organización Internacional do Traballo para iso: para que non deixemos atrás aos traballadores dos sectores contaminantes. Que se pechas unha mina ou unha térmica, ofrezas empregos dignos en enerxías renovables ou noutros sitios. É un avance, unha innovación social, desde logo. Non o nego.

—Sen dúbida —asentiu Marisa—. Cando se fai ben, tamén pode axudar a democratizar as políticas ambientais. Pode incluír á xente na conversación e ter en conta puntos de vista que vaian máis aló do técnico. Eu que sei, xa sabes que nas clases que dou na Universidade vemos o custo ambiental dun produto, pero a miúdo esquecémonos do custo social. A Transición Xusta tenta corrixir iso.

—Si, pero o problema é que se está quedando curta —farfallou Concha, acesa—. É coma se só vísemos o motor dun coche, pero nos esquecésemos de que necesita rodas, aceite… e condutor. A Transición Xusta centrouse tanto na industria pesada —renovables, construción, minería – que deixou fora sectores esenciais.

Marisa arquexou unha cella.

—¿Como cales?

—Como todo o mundo dos coidados —dixo Concha, golpeando suavemente o brazo da poltrona para darlle máis énfase—. A produción de alimentos a pequena escala, a sanidade, a educación rural, os coidados a maiores… Sectores historicamente feminizados, considerados «improdutivos». E, con todo, son dos que menos CO2 emiten e máis responden a necesidades reais. Como ti dis, a riqueza non é só o PIB, Marisa. É benestar.

—Aí levas toda a razón —recoñeceu Marisa—. As contas nacionais non saben moi ben que facer co traballo de coidados. Trátano como un custo, non como un xerador de valor. É unha limitación inmensa do sistema.

—¡Exacto! —exclamou Concha—. E esa é a primeira gran limitación. A segunda é que a Transición Xusta se guía pola «compensación», non pola «transformación». Trátase de recolocar a un mineiro, o cal está moi ben, pero non de cambiar o sistema que infravalora á coidadora, á agricultora ou á bombeira forestal.

—¿Bombeira forestal? —preguntou Marisa, sorprendida polo xiro.

—Si —dixo Concha, sacando o móbil—. Hoxe mandáronnos un informe da rede. Fala de Natalia, unha bombeira forestal cuxo sindicato denuncia a precariedade, os contratos temporais… ¡É arrepiante! En Ourense, por exemplo, ás unidades aéreas despídenas despois de cada campaña de verán. Os axentes forestais necesitan traballar no monte todo o ano para previr incendios, pero só lles pagan para apagalos. É a lóxica do curto prazo: ver o lume como unha emerxencia puntual e non como un problema estrutural que necesita coidado constante.

Marisa quedou en silencio, procesando.

—Ten sentido. Un incendio non é só unha traxedia ecolóxica e humana; é un emisor masivo de CO2. A prevención, por tanto, é unha dobre vitoria: evita danos e crea emprego que, ademais, reduce emisións netas.

—Si, pero o problema é que se está quedando curta —farfallou Concha, acesa—. É coma se só vísemos o motor dun coche, pero nos esquecésemos de que necesita rodas, aceite… e condutor. A Transición Xusta centrouse tanto na industria pesada – renovables, construción, minería – que deixou fora sectores esenciais.